Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Elias Feijó: “A lingua como historia, presente e futuro tivo e ten unha presenza notable na Facultade de Filoloxía”

No acto de peche das conmemoracións polo 50 aniversario da Facultade de Filoloxía da USC, coa presentación do libro De Mazarelos a Vista Alegre, o decano Elias J. Feijó aproveitou para ir máis alá da efeméride e debuxar o lugar que, ao seu xuízo, ocupa hoxe o centro na sociedade galega. Nunha conversa previa ao…

Identidade de xénero e variación lingüística centran os relatorios da nova edición de ‘LingüisticaMente’

A Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela acollerá este venres 12 de decembro unha nova edición de LingüisticaMente. Diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística, unha xornada promovida polo Instituto da Lingua Galega (ILG), o Instituto de Psicoloxía (IPsiUS) e o Grupo Procesos Cognitivos e Conduta da USC. O encontro…

O certame de subtitulación TED ao galego premia ás gañadoras da súa décima edición

A décima edición do certame de subtitulación ao galego de vídeos TED de divulgación científica fixo públicos os nomes das persoas galardoadas nas súas dúas modalidades: a dirixida á comunidade universitaria da USC e a orientada a participantes alleos á institución. O concurso ten como obxectivo incrementar a difusión da ciencia en galego mediante a…

A Mesa e entidades pola diversidade lingüística piden no Congreso un cambio de marco legal para garantir a igualdade entre todas as linguas

A Mesa pola Normalización Lingüística, xunto con organizacións como Ciemen, Kontseilua, Escola Valenciana e Iniciativa polo Asturianu, trasladou hoxe ao Congreso dos Deputados a súa petición dun “debate profundo” que permita ao Estado “mudar todo canto for preciso para garantir iguais dereitos e deberes” ás linguas oficiais e ás que reclaman este recoñecemento nos seus…

O programa de ensino de galego en territorios limítrofes consolídase con 1.207 estudantes

O Programa de promoción do galego nos territorios de Castela e León limítrofes con Galicia confirma a súa consolidación ao chegar neste curso 2025-2026 ás 1.207 persoas matriculadas, unha cifra que supón un incremento de case trinta estudantes respecto ao ano académico anterior. Así o trasladou a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude tras a…

As probas Celga estréanse en liña con máis de 600 solicitudes e 100 prazas dispoñibles

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, supervisou hoxe o desenvolvemento da primeira convocatoria do Celga realizada integramente en liña, un formato que espertou un notable interese ao rexistrar máis de 600 solicitudes para un total de 100 prazas dispoñibles. A proba, celebrada desde a plataforma tecnolóxica habilitada pola Administración autonómica, supón un cambio significativo…