Como "galega de toda a vida" defínese Sabela Rial, tras escoitar a lingua en todo eido dende a nenez. Hai dous anos atopou no compromiso "de identidade" do uso do catalán, idioma de seu mozo, o punto de inflexión que a fixo galegofalante: “Seino falar, gústame falalo, as miñas amigas son case todas galegofalantes… Por…
Mestras e mestres de todo o territorio empregan, logo dun ano dende o comezo da súa actividade, o contido pedagóxico en galego publicado na conta de Instagram @mestraru. Para Ruth Froufe, a creadora, o exemplo e “motivación” para o uso do idioma e “valorar a Terra” vén da sociedade. A mestra, que olla unha “realidade…
O pasado venres, a Xunta de Galicia presentou un novo paquete de medidas que serán postas en marcha nas vindeiras semanas, entre a fin de 2024 e o inicio de 2025. Entre estas destaca a oferta de cursos en lingua galega dirixidos a profesionais pertencentes ao ámbito sanitario co obxectivo de mellorar a atención dos…
O departamento de Cultura da Deputación da Coruña abriu este luns, 16 de decembro, o prazo de solicitudes durante un mes para a percepción de axudas establecidas en catro liñas e cun orzamento total de 2,15 millóns de euros. A cuantía será repartida entre entidades titulares de museos, centros de interpretación e bibliotecas, empresas do…
A Asociación Galega de Editoras renovou por unanimidade a xunta directiva. O responsable de Embora Edicións, Miguel Toval, como única candidatura presentada, foi escollido novo presidente dando relevo a Henrique Alvarellos, quen ocupara a posición durante catro anos.
A candidatura, vixente dende onte, incorpora membros da anterior etapa xunto con dúas incorporacións. A nova xunta está…
A través dun convenio entre o Arzobispado de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia, foi publicada unha tradución á lingua galega do Misal Romano. Foron editados un total de 1.500 exemplares baixo o selo da Conferencia Episcopal Española, que serán distribuidos a través das dióceses galegas. José López, conselleiro de Cultura, foi o…
A Real Academia Galega pecha este 2024 coa publicación da tradución ao hindi de oito poemas pertencentes ao poemario Papagaio, de Luísa Villalta. O traballo de muda idiomática foi desenvolto por Vikash Kumar Singh e, con este, o acceso ao traballo da conmemorada co Día Das Letras Galegas deste ano pode acadar unha das maiores…
Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, trasladou a denuncia dende a institución de que a Xunta de Galicia continúa a non reaccionar ás esixencias da sociedade galega mobilizada, hai un mes en Santiago de Compostela, en favor dun "cambio de rumbo" na xestión pública da lingua galega.
O presidente, asemade voceiro da plataforma Queremos…