Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Os versos de Luísa Villalta, agora lexibles en hindi

A Real Academia Galega pecha este 2024 coa publicación da tradución ao hindi de oito poemas pertencentes ao poemario Papagaio, de Luísa Villalta. O traballo de muda idiomática foi desenvolto por Vikash Kumar Singh e, con este, o acceso ao traballo da conmemorada co Día Das Letras Galegas deste ano pode acadar unha das maiores comunidades lingüísticas do mundo.

Esta é unha das obras da poeta con maior contido crítico e de perspectiva feminista de toda a súa traxectoria. Esta relata unha viaxe simbólica ao corazón de África, na que nos son descubertas as súas paisaxes, cores, sabores e segredos.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.