Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

All Posts

Viewing 697-704 posts

Xa podes ver os case 50 vídeos que compiten no Enreguéifate

O certame 'Enreguéifate' 2022-2023 pechou o pasado venres o prazo de inscrición, tras recibir un total de 43 vídeos de regueifas, 35 deles na categoría escolar e 8 na xeral. As propostas chegan desde todos os puntos da xeografía galega, como Carballo, Burela, Compostela, Pontevedra, Teo ou Ames. A fase de votación do xurado comeza hoxe mesmo e estará composto por Socorro García, técnica…

O galego continúa a súa promoción no Brasil

O Goberno galego deu luz verde á renovación dos convenios de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e as universidades brasileiras de São Paulo e Río de Janeiro para "a docencia, investigación e promoción da lingua, literatura e cultura galegas". A través destes acordos, as universidades asinantes comprométense a dar continuidade aos…

Adela Figueroa, neofalante e feminista: “As loitas en defensa do galego e da muller son parecidas”

Adela Figueroa Panisse falou castelán ata que chegou á universidade, onde sentiu o estigma. Aínda así, sempre tivo claro que defender o galego era unha loita, que ademais se parecía á do feminismo. Explica que moitas mulleres, pola situación de discriminación por ser mulleres e falar en galego, decidiron non transmitir a lingua ás súas crianzas, o…

Día da lingua materna: “A educación multilingüe, unha necesidade para transformar a educación”

Artigo de Henrique Monteagudo, sociolingüista e secretario da Real Academia Galega Convocado por Nacións Unidas e a UNESCO, a súa organización específica para a cultura, o 21 de febreiro celébrase en todo o planeta o Día internacional da lingua materna, que o ano en curso ten como lema «A Educación multilingüe: unha necesidade para transformar…