Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Yolanda Castaño, PistaCatro ou Ponte…nas ondas!, entre os galardoados cos Premios da Cultura Galega 2023

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2023 fixo pública este luns a relación de galardoados con estas distincións este ano, tras unha reunión que estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez. Así, os recoñecidos foron: Yolanda Castaño, na categoría de Letras: o Museo de Gravado á Estampa Dixital, na categoría de Artes Visuais; PistaCatro, na categoría de Artes Escénicas; a banda de música Unión de Guláns, na categoría de Música; Portocabo, na categoría Audiovisual; Ponte …nas Ondas!, na categoría de Lingua; Eduardo Pardo de Guevara, na categoría de Patrimonio Cultural; e os cursos de verán ‘Galego sen Fronteiras’, na categoría de Proxección Exterior.

Ademais da presenza do conselleiro, o xurado estivo formado polo director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a secretaria xeral de Igualdade, Sandra Vázquez; o reitor da Universidade da Coruña, Xulio Abalde; e profesionais de recoñecido prestixio como Fina Casalderrey (en representación da Real Academia Galega); Elena Vázquez Cendán (Consello da Cultura Galega); Esperanza Gigirey (Museo das Peregrinacións); Carla Reyes (Ejecutivas de Galicia); Patricia Hermida (Asociación Galega de Empresas Musicais) e Estíbaliz Veiga (actriz, pedagoga teatral e guionista).

Con estes galardóns, a Xunta recoñece cada ano a “excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural” de Galicia, así como o compromiso de proxectos, traxectorias e iniciativas que “enriquecen a realidade e a identidade cultural” da Comunidade.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.