Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

All Posts

Viewing 401-408 posts

A Deputación de Pontevedra apoia a creación musical en galego nos concellos: Este é o programa ‘+Música 2025’

A Deputación de Pontevedra anunciou a convocatoria do programa +Música 2025, unha iniciativa destinada a fomentar a programación artística profesional en galego nos concellos da provincia con menos de 50.000 habitantes. O obxectivo do programa é apoiar a difusión da música na lingua propia e consolidar a oferta cultural nos municipios con menor poboación. Os…

A Asociación de Medios en Galego lanza unha guía sobre a historia dos medios na nosa lingua

A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) presentou a guía didáctica Coñecendo a historia dos medios en galego, un novo material educativo destinado ao alumnado de ensino secundario co obxectivo de achegarlles a evolución histórica e o presente da comunicación en galego. A iniciativa, que conta co apoio da Deputación da Coruña, coincide coa celebración…

Como podo restituír ao galego o meu apelido castelanizado? A Facultade de Filoloxía da USC presenta unha web para facilitar o proceso

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) presentará este xoves 13 de febreiro, ás 12:00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, unha nova plataforma web que ofrece información detallada sobre o proceso para restituír os apelidos galegos que foron castelanizados ao longo da historia. O proxecto, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística…

A Fundación Neira Vilas busca impulsar a dramaturxia en galego co IV Premio Anisia Miranda de Teatro

A Fundación Xosé Neira Vilas anunciou a convocatoria da cuarta edición do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia, un certame que ten como obxectivo fomentar a creación de textos dramáticos en galego para público infantil. A iniciativa conta co apoio da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e pretende suplir a…

Estalotes, troques, estoupes… Esta planta ten máis de 30 nomes en galego. Cales deles coñecías?

Cando paseamos polos montes e camiños de Galicia é frecuente atopar unha planta de flores tubulares e vistosas, que penduran en longos racimos de cor rosada ou violácea. Trátase da planta coñecida polo seu nome científico como Digitalis purpurea, unha especie moi común na nosa paisaxe que, curiosamente, recibe unha ampla variedade de nomes segundo…

O presidente Rueda aposta por un “bilingüismo cordial” e “sen imposicións” para o galego

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, declarou que o futuro Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega deberá axustarse ao principio de "bilingüismo cordial", asegurando que a promoción do galego se fará "sen imposicións". Estas afirmacións realizounas en resposta a preguntas sobre a renovación do plan, que será debatida esta semana polo comité…

Alta participación no proxecto ‘Modo galego, actívao!’, que fortalece o uso da lingua en Ames

O proxecto de dinamización lingüística Modo galego, actívao!, impulsado pola Real Academia Galega (RAG) e o Concello de Ames, chega á súa terceira edición con novas propostas para incentivar o uso do galego na infancia e na adolescencia. A iniciativa, que naceu tras o Mapa sociolingüístico escolar de Ames (2021), busca implicar tanto o alumnado…