Na manifestación polas Letras Galegas desenvolta o sábado 17 de maio en Compostela había moitas mensaxes. Pero unha seguramente se convertirá na camiseta do verán: “Galego por diante”. Promovida pola Asociación ”Do galego ao portugués”, esta camiseta, aberta a todas as asociacións do país, busca facer reflexionar aos nosos políticos de que a nosa lingua tense que poñer por diante todo.
Xornal da Coruña falou cun dos promotores, Enrique Sáez, que lucíu o lema, con gran aceptación, polas rúas de Compostela, dando conta da “gran preoupación que existe no país pola nosa lingua, que vai esmorecendo de vagar”. Con todo, recoñece a importancia de saír á rúa a manifestarse: “Isto vale para reivindicar o uso dunha lingua que é parte da alma do noso pobo, e que ademais serve para falar con medio mundo. Hai que facer moitas máis cousas pero manifestarse sempre está ben”. Toda a información no Xornal da Coruña.