Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

All Posts

Viewing 97-104 posts

Concertos, teatro, xogos e contacontos: Pontevedra activa un novo ‘Maio, Mes da Lingua’

O Concello de Pontevedra volverá situar a lingua galega no centro da actividade cultural coa nova edición de 'Maio, Mes da Lingua', unha iniciativa que este ano amplía o seu alcance temporal e desenvolverá actividades tamén durante o mes de xuño. A programación incluirá máis de vinte propostas culturais, educativas e de lecer repartidas por…

A Xunta presentará en xuño a actualización do Plan de normalización lingüística tras recoller 1.400 propostas

A Xunta de Galicia prevé presentar o vindeiro mes de xuño o documento que recolle a actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega, unha das ferramentas sobre as que se sustenta o Pacto pola Lingua promovido polo Goberno autonómico. O anuncio realizouno este mércores no Parlamento o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude,…

O galego perde presenza nos nomes dos negocios, mentres o español domina os carteis urbanos en Galicia

O nome dun negocio pode parecer unha decisión comercial máis, pero detrás dunha cafetería, unha inmobiliaria ou un despacho profesional poden esconderse pistas sobre a identidade dunha cidade, a súa economía, os usos lingüísticos ou mesmo as diferenzas sociais entre barrios. Esa é unha das conclusións dunha investigación desenvolvida pola viguesa Elisa Suárez Caramés na…

Chegamos de Senegal, Arxentina, Venezuela e Chile… e acabamos defendendo o nome galego do Dépor

O que comezou como unha iniciativa dentro das aulas do IES Rafael Dieste acabou converténdose nunha das campañas sociais e lingüísticas con máis repercusión dos últimos meses na Coruña. O alumnado participante en ‘Aquí tamén se fala’, moitos deles chegados a Galicia dende outros países e culturas, foi quen de situar no centro do debate…

Silvia Jato corta en directo a unha filóloga estadounidense tras alertar na TVG da perda de falantes de galego

A emisión especial do programa da TVG ‘Tarde piaches’ polo Día das Letras Galegas deixou un dos momentos máis comentados da xornada tras a intervención da filóloga estadounidense Ali Briere, residente en Galicia e falante de galego, que alertou en directo sobre a situación da lingua galega e a perda progresiva de falantes nas novas…

Henrique Monteagudo reivindica o exemplo neofalante de Begoña Caamaño para asegurar o futuro do galego

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, fixo público este 17 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, un chamamento a reforzar de maneira urxente o compromiso social e político co idioma galego ante o que define como unha situación de “niveis críticos” no proceso de substitución lingüística. No artigo…

Lousame volve erguer a voz e reclama á RAG que lle dedique o Día das Letras Galegas 2027 ao cura de Fruíme

Fruíme converteuse este 17 de maio nun escenario de reivindicación colectiva arredor da figura de Diego Antonio Zernadas de Castro, o chamado cura de Fruíme, nunha multitudinaria xornada que reuniu centos de persoas coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. O berro de “Eu con Zernadas” resonou durante a tradicional ofrenda floral diante do…