Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

A socialización en galego entre as crianzas culmina na Festa do Apego

O proxecto Apego, impulsando dende os servizos de normalización lingüística de diferentes concellos galegos co obxectivo de promover e ofertar a posibilidade a unha socialización en lingua galega entre a infancia do territorio, está a desenvolver a súa programación especial pola época do Nadal. Logo de diferentes obradoiros, dende gastronómicos a científicos, así como a realización de contacontos e dinámicas pedagóxicas, o vindeiro sábado 21 de decembro ten lugar a Festa do Apego.

Ata a xornada, sobre a que serán desveladas nas próximas xornadas as actividades programadas e as figuras colaboradoras que estarán presentes dende as 12:00 horas da mañá ás 20:00 horas da tarde no Auditorio de Galicia, aínda é posible apuntar aos máis pequechos a algunha dinámicas propostas:

  • Mércores 11 de decembro: obradoiros de fabricación de xoguetes en grupos de 0 a 3 e de 3 a 6 anos.
  • Xoves 12 de decembro: actuación “Leo e o Nadal” da agrupación Trémola Teatro.
  • Mércores 18 de decembro: ciclo de xogos “Imos ao patio” en grupos de 0 a 3 e de 3 a 6 anos.
  • Xoves 19 de decembro: dinámica musical familiar “Arrolar”, de Fundación Legar, a través de arrolos e cantigas de berce.

 

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.