Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Unha axenda chea de ilusións, e galego, neste Nadal 2024

A través do Portal da Lingua Galega da Secretaría Xeral, están publicados os eventos e espectáculos que serán realizados durante a época de Nadal por todo o territorio galego. Dende formacións de teatro a magos ilusionistas, a lingua galega supón a ferramenta perfecta para trasladar, ou aumentar, a ilusión navideña aos membros de toda a familia. Neste artigo, podes descubrir algunhas das propostas impulsadas dende a Administración galega aos diferentes puntos de Galicia.

  • Os Bolechas ofertanCantares de Reis. Na súa xira de Nadal, a familia lexendaria galega visitará oito concellos ofertando un espectáculo co que motivar a celebración das veladas festivas empregando a lingua galega. No espectáculo son engadidas novas panxoliñas así como se musicalizan as máis tradicionais.
  • A función de títeres “A pita xefa”. A formación Títeres Alakrán adapta a unha peza teatral a obra de María Lado, de Bahía Edicións. Dende cambiar as normas do galiñeiro a aumentar a altitude no salto, a historia relata os posibles destinos aos que pode chegar unha pequena pitiña a través do mundo onírico.
  • As “Mil maxias máis” da galeguización con Mago Antón. O ilusionista presenta xogos orixinais creados coa finalidade de facer que os espectadores rememoren a infancia da verba en lingua galega. A bordo dun Magomóbil, Antón realiza o seu espectáculo entre a pedagoxía e a ilusión.
  • Musicalidade e relato de “Meco e sono”. Dirixida á crianza máis cativa, de 0 a 3 anos, esta peza teatral de Xarope Tulú oferta un relato no que se combinan soño e creación sonora en directo. Os integrantes buscan dotar ás familias dun acompañamento agarimoso durante as medras dos bebés.
  • “Os Piñeiriños” reafirman o Nadal. Cunha actuación que mestura música e teatro, o espectáculo con Fuco e Xela como protagonistas permite a todos os membros das familias cantar e bailar panxoliñas nestas datas.
  • A identidade e unión do galego en “A lingua somos todos”. Emilio Rúa e XC Caneiro desenvolven un espectáculo con música, relato e poesía que pon en valor a potencialidade da lingua como elemento de ligazón, así coma de identificación, en toda a cidadanía galega.
  • A positivación do público con “Ves como sabes?”. Francisco Castro, Verónica Santalices, Federico Welicki e Paulo Silva empregan a música para a promoción positiva da nosa lingua. A cultura e identidade galegas sonlles amosadas ao público en troques de visibilizalas como unhas materias das que saben máis do que pensan.
  • “Desconcerto de Nadal” para dar benvida ao 2025. Culturactiva Producións leva ao público galego, en Fran Rey e Félix Rodríguez guiados pola dirección de Marcos Orsi, un espectáculo teatral cheo de humor e ritmos musicais.
  • “A árbore dos desexos”. Os artistas Ramón Feáns, Inés Salvado, Iria Iglesias, Daniel Díaz Fentanes e Jaime Manuel López relatan dende melodías unha obra de descubrimento persoal premiada co Martín Códax da Música. Jazz, soul ou rocksteady son algúns dos ritmos que se mesturan, sen deixar a dalgún clásico de Disney fóra da partitura.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.