A Universidade de Santiago de Compostela será a encargada de desenvolver recursos lingüísticos en galego para o proxecto ALIA, o modelo estatal de intelixencia artificial promovido polo Goberno central. A institución académica recibirá unha achega de dous millóns de euros para contribuír ao adestramento da ferramenta, segundo informou o Ministerio para a Transformación Dixital e a…
A Universidade de Santiago de Compostela celebrou este venres un acto no que se recoñeceu a calidade lingüística en galego de traballos académicos, de fin de grao (TFG) e de fin de mestrado (TFM) presentados durante o curso 2023-2024. O evento, presidido polo reitor Antonio López, tivo lugar no Paraninfo da universidade e contou coa participación…
A Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) renovaron a súa colaboración para fomentar a investigación lingüística en galego a través dun convenio de catro anos que conta cunha dotación de 900.000 euros. O acordo, aprobado este luns polo Consello da Xunta, supón un incremento de 20.000 euros respecto ao financiamento…
O apelido Castro, de orixe galega e portuguesa, está hoxe presente en todos os continentes. Procedente do latín castrum, que significa "fortaleza" ou "poboado fortificado", o apelido reflicte unha conexión histórica cos antigos castros do Reino de Galicia, dende onde se espallou cara a León e Castela.
Segundo os últimos datos do Instituto da Lingua…
Os XXXV Cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia 'Galego sen fronteiras' xa teñen aberta a súa preinscrición. O programa, organizado pola Real Academia Galega en colaboración co Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC, celebrarase entre o 3 e o 24 de xullo en Santiago de Compostela.
A…
A Real Academia Galega (RAG) puxo á disposición do público o novo dicionario en liña Nomes galegos das aves de Galicia e de España, unha ferramenta que busca facilitar a comunicación especializada en ornitoloxía en lingua galega. A obra, dispoñible na páxina web da RAG, foi coordinada polo investigador do Instituto da Lingua Galega (ILG),…
Os músicos Pauliña Chaves e César Morán participaron esta pasada semana no concerto de exalumnos da Facultade de Filoloxía e achegáronse ademais para reflexionar sobre a situación do galego na música e a evolución da lingua na sociedade. Ambos artistas compartiron experiencias persoais e profesionais, destacando a necesidade de ofrecer máis oportunidades á música en…
A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela acollerá este xoves 20 ás 19:00 na aula C01 unha conversa sobre a lingua na que participarán especialistas de distintos ámbitos. O evento, organizado por Erguer, colectivo de estudantes, contará coa presenza de Alba Nogueira, xurista e membro correspondente da Real Academia Galega (RAG), Elías…