Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Toponimízate chega ao Bolo para recuperar coa veciñanza os nomes tradicionais da súa paisaxe

A campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra chegará o próximo martes 25 de agosto ao concello ourensán do Bolo cunha nova sesión destinada a divulgar o valor da toponimia tradicional e, sobre todo, a conseguir que a propia veciñanza participe na recuperación dos nomes de leiras, montes, camiños, fontes, regos, penedos e outros…

Valdoviño chama á veciñanza a rescatar os nomes de leiras, fontes e fragas a través de Galicia Nomeada

O municipio de Valdoviño acollerá este venres a primeira sesión deste ano da campaña 'Toponimízate, Falámosche dos nomes da túa terra', unha iniciativa impulsada pola Real Academia Galega e a Secretaría Xeral da Lingua para promover a recuperación, conservación e difusión da toponimia galega. A actividade celebrarase na Casa da Cultura, a partir das 19:30 horas,…

‘Toponimízate’ pecha a edición de 2025 en Val do Dubra con máis de cen concellos implicados na recolleita de nomes da terra

A edición deste ano de 'Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra' chega á súa fin este xoves, 6 de novembro, no Auditorio Municipal de Val do Dubra, onde ás 20:30 horas terá lugar a derradeira charla do ciclo. A iniciativa, promovida pola Real Academia Galega (RAG) e a Secretaría Xeral da Lingua, busca difundir…

Vicente Feijoo, coordinador de Galicia Nomeada: “A nosa riqueza toponímica é un testemuño emocional da nosa relación coa terra”

Vicente Feijoo, filólogo da Real Academia Galega, é o coordinador técnico de Galicia Nomeada e responsable das charlas da campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, unha iniciativa que leva anos percorrendo Galicia para concienciar sobre o valor da microtoponimia e promover a súa recolla mediante unha aplicación móbil colaborativa. Con máis de 90.000…