Cal é a Palabra do Ano 2022? A Real Academia Galega e a Fundación Barrié abren un ano máis á participación cidadá a escolla da voz dos últimos doce meses a través do Portal das Palabras, o proxecto que impulsan para a difusión do léxico galego. A fase de recolla de suxestións permanecerá aberta ata…
Oh Captain! My Captain!”, un dos poemas máis célebres de Walt Whitman, foi escrito en 1865 en homenaxe ao presidente dos Estados Unidos Abraham Lincoln tras o seu asasinato. Case un século despois, en 1951, foi vertido por primeira vez ao galego, desde o exilio en México, por Florencio Delgado Gurriarán (1903 - 1987). “Adaptouno con certo…
“O futuro é galego, e o futuro é en feminino”, conclúe a cociñeira Lucía Freitas en Superheroínas. A afirmación podería ser o lema da segunda serie que a Real Academia Galega e a Universidade de Santiago de Compostela presentan, estreada esta mañá na Facultade de Ciencias da Comunicación. A produción audiovisual realizouse no marco do…
Gonzalo Navaza ingresará na Real Academia Galega como membro de número o vindeiro 5 de novembro, nunha sesión extraordinaria pública que terá lugar no salón de actos da institución, na Coruña, a partir das 12:30 horas.
O filólogo e escritor pronunciará o discurso titulado 'Nomes de persoa na toponimia de Lalín', centrado na súa terra natal…
A onomástica na poesía profana galego-portuguesa é outro dos temas que foi obxecto de análise na VII Xornada de Onomástica Galega, organizada pola RAG. O profesor da Universidade de Vigo Xosé Bieito Arias demostrou “o importante papel” dos nomes propios nesta lírica medieval, que atinxe desde a identificación autorial á edición crítica e á interpretación…
A elección dos nomes dos personaxes de ficción na literatura contemporánea foi o eixe da mesa redonda que reuniu na tarde deste sábado a Berta Dávila, Marcos Calveiro e Fina Casalderrey en conversa coa directora da Sección de Literatura da Real Academia Galega, Marilar Aleixandre, durante aVII Xornada de Onomástica Galega, organizada pola RAG.
Para…
A frecuencia dos topónimos é extremadamente significativa nas composicións de temática ecolóxica etiquetables baixo o termo emerxente ecopoesía. “A análise da (micro)toponimia representada nestes textos, especialmente nos que teñen como tema a defensa de espazos agredidos, revela unha serie de estratexias asociadas ao reforzo da identidade, a resistencia e a ecoloxía dos nomes”, salienta María Xesús…
Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, abriu este sábado a quenda de relatorios na VII Xornada de Onomástica Galega, organizada pola RAG, cunha achega sobre a onomástica na obra rosaliana. “O estudo da onomástica en Rosalía axuda a entender varias das dúas estratexias como escritora e varios perfís tamén dos seus fundamentos literarios e…