Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Ecopoesía, cando o Prestige é un nome en verso

A frecuencia dos topónimos é extremadamente significativa nas composicións de temática ecolóxica etiquetables baixo o termo emerxente ecopoesía. “A análise da (micro)toponimia representada nestes textos, especialmente nos que teñen como tema a defensa de espazos agredidos, revela unha serie de estratexias asociadas ao reforzo da identidade, a resistencia e a ecoloxía dos nomes”, salienta María Xesús…

“Rompendo” con poesía en galego dos anos oitenta… ‘Que hostia din os rumorosos?’

'Rompente Grupo de Comunicación Poética' regresa 40 anos despois cun novo espectáculo interdisciplinar no que a poesía se dará a man do audiovisual, a música e a posta en escena, unha xira na que o conxunto creado por Antón Reixa, Alberto Avendaño e Manuel Romónpercorrerán un total de oito municipios galegos. O calendario de actuacións de 'Algo que…