Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

“21 poetas do século XXI”… así é a poesía galega contemporánea

Vinteún poetas que fan este ano que está a piques de rematar 21 anos ou menos son os e as protagonistas da antoloxía que se presentará este venres 17 de decembro, ás 20:0, no Salón de actos do Museo Luís Seoane, na Coruña. ‘ 21 poetas do século XXI’ é un libro que reúne a poesía máis nova e actual da poesía galega contemporánea. 

Trátase dunha escolma da poesía “máis ca novísima” que se está a escribir en lingua galega hoxe. Un libro que culmina tras case un ano de traballo de Carlos Da Aira, de busca e posterior diálogo coas 21 voces que amosan finalmente no traballo “unha boa mostra da potencia e a calidade do presente e o futuro do xénero máis senlleiro da literatura galega“.

A presentación correrá a cargo do coordinador da antoloxía, Carlos da Aira e Antón de Guizán da NPG Nova Poesía Guitirica. Nela haberá un recital das poetas, no que intervirán Ana Fraile Somoza, Andy da Fonte, Antía Balvís Moreiras, Clara Blanco, Juan Rocamonde, Lois Gayoso, Lucas Gago Suárez, Mariña Maceiras, Nee Barros e Sara Fonta.

As e os 21 poetas do século XXI que aparecen na escolma son: Zaira Ferradás, Silvia García Fernández, Sara Fonta, Sara Faro, Rosalía Bernárdez Riopedre, Paula Varela, Noé González Alamino, Nee Barros, Mariña Maceiras, Lucas Gago Suárez, Lorena Fernández Iglesias, Lois Gayoso, Juan Rocamonde, Jorge Moral, Isolda Comesaña, Fabián Niño, Clara Blanco,, Ángela del Canto Soláns, Andy da Fonte e Ana Fraile Somoza.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.