A través da pantalla reúnense cada xoves para poder falar en galego. Emanuel está cosendo un chaleco para un traxe tradicional, pois a camisa xa a fixo. Mentres, Max quere facer acto de presenza e oír galego, a pesar de que sabe que non participará moito porque outras tarefas requiren a súa atención nese momento.…
María Jesús López, empregada de limpeza nun instituto de Lugo sempre escoitou na súa casa o galego, pero a forza do castelán nas aulas fíxolle sentir que o castelán era a lingua que debía empregar coas súa amizades e fóra da casa. Dentro, sempre estaba o galego, a lingua onde ela se sente cómoda.
Decidiu volver…
Miguel estuda Filoloxía Clásica, e na súa clase a metade das súas compañeiras falaban galego. Tamén o galego comezou a ser a lingua maioritaria no seu círculo de amigos, así que só quedaba que el comezase tamén a usar a lingua de Rosalía. Aínda que foi un camiño cheo de inseguridades, asegura como o axudou…
Guido Álvarez vén de gañar o premio 'Travellers Choice' de TripAdvisor, un recoñecemento polo seu traballo de guía turístico en Lugo e en galego, a lingua que decidiu usar en todos os ámbitos da súa vida, tanto no persoal como no profesional.
"Encántame que sexa recoñecido un proxecto que é en galego; as redes sociais téñoas…
Se sorprende como medran os contidos en galego nas redes sociais, aínda é máis abraiante que estes creadores sexan neofalantes. É o caso de Andy Chichester, que dende a súa canle de Youtube Mira quen fala galego comparte vídeos neste idioma.
Que o galego non ten fronteiras é algo que se demostra cada vez máis,…
Aos seus 26 anos, Jokin Pedreño, do País Vasco, sabe euskera, catalán, xaponés... e galego. A Jokin gústanlle moito as linguas, e aprendelas é un dos seus hobbies, por iso no 2020 decidiu aprender galego. Pero aprender galego tamén veu motivado pola súa vinculación con Galicia, pois a súa avoa era de Ponteareas e súa…
Rocío, Wendy, Herminda, Paula, Cruz, Emanuel, Kun... todos eles teñen algo en común: viven a a miles de quilómetros de Galicia e falan galego. Dende Alemania, Arxentina, Exipto ou Australia erguen as súas voces para promover o galego, que non só se escoita en Galicia, se non que tamén está espallado polo mundo.
A través…
Thomas Hermse é un estadonidense de 24 anos que traballa en Parga, Guitiriz, dando clase de inglés no instituto. Comezou a falar galego hai nove meses e xa o fala con moito xeito. "Decidín aprendelo porque aquí hai moita xente que o fala e eu quero integrarme na cultura", di.
"Fai tres anos vivía en Madrid…