Thomas Hermse é un estadonidense de 24 anos que traballa en Parga, Guitiriz, dando clase de inglés no instituto. Comezou a falar galego hai nove meses e xa o fala con moito xeito. "Decidín aprendelo porque aquí hai moita xente que o fala e eu quero integrarme na cultura", di.
"Fai tres anos vivía en Madrid…
O pai e a tía de Emanuel Castiñeira, naturais de Vilalba, marcharon á Arxentina, como fixeron moitos galegos. Tamén se foron a este país os avós maternos de Emanuel, que naceu e vive na cidade arxentina de Córdoba.
Ao outro lado do océano, a máis de 10.000 km de Galicia, Emanuel Castiñeira fala galego. El é…
Foi no 2020 cando a coruñesa Belén Puime, que vén de estrear a súa webserie Pringadas, comezou a mudar o castelán polo galego, non sen telo intentado antes.
Puime medrou nun ambiente no que predominaba o castelán: familia, amizades e escola, sendo o galego pouco habitual. A súa infancia recórdaa en castelán, mais foi a etapa…
José Loira ten 40 anos, é de Baiona e é enxeñeiro de telecomunicacións. Comezou a estudar galego hai un ano a través dun curso online e con inmersión lingüística a través das redes sociais e dos medios públicos galegos, TVG e RG.
José Loira decidiu falar o noso idioma porque leu un artigo que dicía que…
Nazaret Méndez, 38 anos, é mestra, de Lugo. Nesta entrevista lembra que decidiu dar o gran paso a falar galego no instituto, aínda que de nena xo falaba na casa. "No meu caso deuse unha situación de diglosia porque pensaba que o castelán tiña máis estatus que o galego", lembra.
Por iso, volveu ao galego porque…
Ana Traseira ten 42 anos e é de Lugo. Actualmente é directora da UNED. Fala galego desde a universidade e, aínda que os seus pais eran galegofalantes, dirixianse a ela en castelán. "Miña nai consideraba que o mellor idioma para min era o castelán. Por iso eu fun castelánfalante ata a universidade, porque tamén na…
A ourensá Rebeca Bande (39 anos) prendeu no galego - ou o galego prendeu nela - hai case 15 anos, cando se propuxo coller o camiño do neofalantismo xunto a Nuria, a súa compañeira de piso. Dentro dela sempre aniñara unha sensibilidade especial cara á lingua e a cultura galegas, mais durante toda a súa…
Rodri Míguez é un xornalista musical, 24 anos, de Redondela. Deu o paso e mudar de lingua por convicción política hai case dous anos, antes da pandemia, tras pasar dous anos en Madrid e decatarse, tras voltar a Galicia, que non sabía falar a súa propia lingua.
"Cando cheguei non tiña capacidade para facer un traballo…