Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Guido Guía, en galego, premio ‘Travellers Choice’ de TripAdvisor

Guido Álvarez vén de gañar o premio ‘Travellers Choice’ de TripAdvisor, un recoñecemento polo seu traballo de guía turístico en Lugo e en galego, a lingua que decidiu usar en todos os ámbitos da súa vida, tanto no persoal como no profesional.

“Encántame que sexa recoñecido un proxecto que é en galego; as redes sociais téñoas todas en galego e este recoñecemento internacional non é só para o meu proxecto, senón tamén para o territorio galego e para a lingua”.

Guido fixo unha aposta clara polo galego pese a que moitas persoas lle criticaron por facelo ao considerar que o turismo ten que mirar para fóra, ao que o guía turístico responde, de forma contundente: “realmente o turismo comeza primeiro pola proximidade e polo amor á cultura propia, e este recoñemento reforza esta idea”.

Cada vez son máis as persoas que acoden aos paseos de Guido Álvarez para facer inmersión lingüística e para aprender o idioma do lugar onde viven. Grazas a proxectos coma este, que fomentan a conversa na nosa lingua de maneira harmónica, persoas que chegan a Galicia e non saben galego, queren aprendelo.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.