O Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación asinou este luns o acordo que permitirá empregar o galego, o catalán e o eúscaro nas sesións plenarias do Comité Económico e Social Europeo (CESE), un paso que supón un novo avance na presenza das linguas cooficiais nas institucións europeas.
O acordo chega tras a aprobación do propio CESE o pasado 25 de febreiro, e alinéase coa situación actual doutros órganos da UE, como o Consello da Unión Europea ou o Comité Europeo das Rexións, onde xa é posible empregar as linguas cooficiais do Estado español.
Máis información en Galicia Confidencial