Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Estudantado galego é premiado por divulgar ciencia simétrica e xeométrica con audiovisual

Este martes, 10 de decembro, foron entregados os premios das cuartas edicións dos certames 'Novos Poliedros' e 'Astronomía', convocado con motivo do Mes da Ciencia en galego pola Institución Galega da Ciencia. Os recoñecementos foron artellados co obxectivo de promover entre a xuventude a innovación científica en lingua galega. Desta volta, foi recoñecido o alumnado…

Coñeces as seis verbas finalistas á ‘Palabra do ano 2024’ da RAG?

A través do Portal das Palabras, está aberta a votación da que será, entre as seis verbas finalistas, a Palabra do Ano 2024. Estas, escollidas por marcar a actualidade de distinta maneira nos últimos meses así como por supoñer unha ollada de ilusión cara o vindeiro ano, son 'aparvar(se)', 'cantareira', 'dina', 'emerxencia climática', 'fala' e…

A socialización en galego entre as crianzas culmina na Festa do Apego

O proxecto Apego, impulsando dende os servizos de normalización lingüística de diferentes concellos galegos co obxectivo de promover e ofertar a posibilidade a unha socialización en lingua galega entre a infancia do territorio, está a desenvolver a súa programación especial pola época do Nadal. Logo de diferentes obradoiros, dende gastronómicos a científicos, así como a…

Andrés Couso, neofalante a partir da amizade: “No folclore hai elementos que non se aprenden pero están dentro da nosa cultura”

O teense Andrés Couso anima a todos a "subir ao tren" de falar galego, realizando unha viaxe da que "é difícil saír". Como acontecera coa súa nai, Andrés foi educado en lingua castelá. No referente ao uso do galego dentro do contexto familiar, este neofalante apunta unha referencia clara: seu bisavó. Este explica o sentir…

O Premio Manuel Beiras recoñecen o uso do galego das empresas Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers

Na súa vixésimoquinta edición, os Premios Manuel Beiras seleccionan a empresas do panorama territorial que empreguen e impulsen o uso do galego. Desta volta, co lema "En galego, empresa/comercio + intelixente", as marcas recoñecidas son Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers. A gala tivo lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela este dous de…