Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Andrés Couso, neofalante a partir da amizade: “No folclore hai elementos que non se aprenden pero están dentro da nosa cultura”

O teense Andrés Couso anima a todos a "subir ao tren" de falar galego, realizando unha viaxe da que "é difícil saír". Como acontecera coa súa nai, Andrés foi educado en lingua castelá. No referente ao uso do galego dentro do contexto familiar, este neofalante apunta unha referencia clara: seu bisavó. Este explica o sentir…

O Premio Manuel Beiras recoñecen o uso do galego das empresas Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers

Na súa vixésimoquinta edición, os Premios Manuel Beiras seleccionan a empresas do panorama territorial que empreguen e impulsen o uso do galego. Desta volta, co lema "En galego, empresa/comercio + intelixente", as marcas recoñecidas son Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers. A gala tivo lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela este dous de…

Santiago conmemora a Rodríguez-Abella, activo indispensable na normalización lingüística

A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística rende homenaxe en Santiago de Compostela, o vindeiro 13 de decembro, ao membro activo do transversal proceso de normalización lingüística, Xosé M. Rodríguez-Abella. O protagonista do segundo venres deste mes foi un recoñeñecido pedagogo da capital galega, ocupando o posto de responsable do Servizo de Educación e…

Dende deporte a lecer: eidos nos que once comisións de traballo innovarán en favor do Plan de normalización lingüística

O Plan xeral de normalización da lingua galega será renovado, tras a proposta realizada pola Xunta de Galicia, coa creación de once comisións de traballo que abranguen moi diversos eidos. Así o presentou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, aos representantes dos grupos parlamentarios cos que se reuniu para a continuación…

O alumnado de Infantil e Primaria pode presentar a súa curta de animación en galego para ‘Nos tamén creamos!’

A convocatoria deste curso 2024-2025 para o concurso de curtas de animación en lingua galega, no marco do programa 'Nós tamén creamos!', vén de abrir a súa caixa de correo. O proxecto participativo, convocado dende a Secretaría Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude xunto coa Dirección Xeral de Ordenación e Innovación…

Carolina Cotón, galegofalante a partir de Xabier Quiroga: “A miña familia consideraba que o castelán me ía facilitar a vida”

Carolina Cotón, pertencente á costa galega mais asentada en Monforte de Lemos, comezou a falar galego a comezos do 2023. Durante a súa infancia, e adolescencia, foi educada en castelán xa que a súa contorna próxima o considerou o idioma máis doado para ela desenvolver a súa vida. Amante da produción literaria en galego dende…

Iago Tabarés, criticado por mudar ao galego no Parlamento, repasa o que é ser neofalante en Galiportus

Este martes, 28 de novembro, o podcast da actualidade galegoportuguesa "Galiportus" publicou o seu último capítulo, co avogado e deputado polo Bloque Nacionalista Galego (BNG) do Parlamento de Galicia, Iago Tabarés, como protagonista. A escolla do convidado xustifícaa a crítica, durante a última sesión parlamentaria, da súa muda do castelán ao galego durante unha das…