Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Pontevedra leva o galego aos escaparates cunha campaña para aumentar o seu uso no comercio local

A Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra (AEMPE) puxo en marcha unha campaña para incrementar a presenza do galego no comercio local e facer que a lingua apareza de maneira máis habitual nos escaparates, bolsas, comunicacións, redes sociais e actividades promovidas polos propios establecementos. A iniciativa, denominada O galego está de…

As pemes, ante o reto de galeguizarse: “Se se deixan levar pola marea, a marea lévaas ao castelán”

Unha empresa pode ter propietarios galegofalantes, empregados que utilizan habitualmente o galego entre eles e mesmo desenvolver a súa actividade nun sector no que o idioma está presente de maneira espontánea. Porén, ao cruzar a porta da oficina, atender unha chamada ou elaborar unha factura, o castelán pode converterse automaticamente na lingua de traballo. Situacións…

A Deputación da Coruña inviste 2,15 millóns en “profesionais e amadores da cultura galega”

O departamento de Cultura da Deputación da Coruña abriu este luns, 16 de decembro, o prazo de solicitudes durante un mes para a percepción de axudas establecidas en catro liñas e cun orzamento total de 2,15 millóns de euros. A cuantía será repartida entre entidades titulares de museos, centros de interpretación e bibliotecas, empresas do…

O Premio Manuel Beiras recoñecen o uso do galego das empresas Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers

Na súa vixésimoquinta edición, os Premios Manuel Beiras seleccionan a empresas do panorama territorial que empreguen e impulsen o uso do galego. Desta volta, co lema "En galego, empresa/comercio + intelixente", as marcas recoñecidas son Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers. A gala tivo lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela este dous de…