O Concello de Ames vén de convocar a novena edición dos Premios Lingua e Empresa, unha iniciativa destinada a fomentar a presenza do galego no tecido empresarial e recoñecer os negocios que incorporan a lingua á súa actividade cotiá. O certame repartirá 3.000 euros en premios, distribuídos en dúas categorías de 1.500 euros cada unha,…
A VII Festa do Apego converterá este sábado 6 de xuño o Pazo da Peregrina de Bertamiráns nun punto de encontro para as familias arredor da lingua galega. O Concello de Ames presentou a programación desta nova edición, que se desenvolverá entre as 11.00 e as 20.30 horas cun amplo programa de actividades gratuítas que…
O IES do Milladoiro, no concello de Ames, será escenario este venres 8 de maio da presentación de dúas iniciativas centradas na promoción e difusión da regueifa entre a mocidade. O acto terá lugar ás 10:00 horas na biblioteca do centro, nunha rolda de prensa na que participará a deputada de Lingua, Igualdade e Dereitos…
O Pazo da Peregrina acolleu esta mañá a presentación do festival que servirá de peche á cuarta edición de ‘Modo galego, actívao!’, unha iniciativa destinada a fomentar o uso do galego entre a rapazada. A cita terá lugar o venres 17 de abril na explanada do pavillón de deportes de Bertamiráns e contará coa participación…
O proxecto Modo Galego, actívao! reafírmase este ano como unha das principais iniciativas de promoción do uso do galego no ámbito educativo en Ames. A cuarta edición do programa, impulsada pola Real Academia Galega e o Concello de Ames , estase a desenvolver ata o vindeiro 6 de febreiro e implica arredor…
O proxecto ‘Modo galego, actívao’ naceu hai catro anos da confluencia entre o Seminario de Sociolingüística da RAG, o Concello de Ames e os equipos de dinamización lingüística dos centros educativos. A súa premisa é clara, como resumiu Vázquez Grandío: “Quere ser un intento de transcender o diagnóstico e pasar á intervención”. Cada actividade concíbese,…
O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acollerá o vindeiro luns, 17 de novembro, ás 19:00 horas, a estrea de Promover o galego dende o local, un documental sobre programas municipais de dinamización lingüística producido por Nós Televisión e financiado polo Concello de Ames. A peza, de 37 minutos de duración, amosa o traballo…
Dende hoxe permanece aberto o prazo de inscrición no Curso de introdución á lingua e literatura galegas que organiza o Concello de Ames en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia. A iniciativa, gratuíta e cunha duración total de 20 horas presenciais, está dirixida a persoas migrantes e veciñanza procedente doutras comunidades…