Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Cales son os nomes do Camiño de Santiago?

A VI Xornada de Onomástica Galega estará dedicada aos nomes dos lugares no Camiño de Santiago. O encontro, coorganizado pola Real Academia Galega, a Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, achegará diversas contribucións arredor da toponimia do primeiro Itinerario Cultural Europeo cadrando coa celebración do Ano Santo Compostelán. O programa desenvolverase o vindeiro 16 de…

Das aldeas sepultadas polos encoros aos nomes esquecidos: a RAG analiza este sábado a desaparición da toponimia galega

A transformación da paisaxe galega como consecuencia da construción de encoros, da actividade industrial, das explotacións mineiras ou do desenvolvemento urbanístico non só modifica o territorio, senón que tamén pode provocar a desaparición dos nomes tradicionais cos que a poboación identificou durante séculos os seus espazos. Esta relación entre os cambios ambientais e a perda…

González Seoane propón un novo dicionario descritivo para documentar o galego que realmente se usa

O lingüista Ernesto González Seoane propón abrir unha nova etapa na lexicografía galega coa elaboración dun dicionario descritivo de nova planta que permita documentar coa maior amplitude posible o léxico realmente empregado polos falantes e complementar así a función normativa que actualmente desempeña o dicionario académico. A proposta foi formulada este 3 de outubro durante…

Florencia Xoubanova, neofalante de Vigo: “Tiña medo a errar e a falar mal, e tardei tempo en soltarme co galego”

Florentina Xoubanova naceu en Vigo hai máis de seis décadas e medrou nunha contorna na que o galego practicamente non formaba parte da súa vida cotiá. Nin na familia nin no círculo social no que se movía era unha lingua habitual. Hoxe, despois de case 30 anos como bibliotecaria do Instituto da Lingua Galega (ILG),…

O Proxecto Nós leva a Bruxelas unha ferramenta para saber que IA funciona mellor en galego

O Proxecto Nós presentou este mércores no Parlamento Europeo Arena Nós, unha ferramenta en desenvolvemento coa que pretende avaliar ata que punto os grandes modelos de intelixencia artificial representan correctamente a lingua e a cultura galegas e comparar a súa capacidade para realizar tarefas en galego. A iniciativa foi presentada durante o encontro 'The role…

Nenos que chegan falando galego e cambian ao castelán: así se investiga a perda da lingua nas novas xeracións

Os mapas sociolingüísticos escolares da Real Academia Galega (RAG) están permitindo observar con detalle como cambia a lingua da infancia ao incorporarse ao sistema educativo, mesmo cando o galego está presente na familia e na propia escola. A iniciativa, impulsada polo Seminario de Sociolingüística, non naceu só co obxectivo de describir a realidade lingüística, senón…

Os Encontros para a Normalización analizan por que a música gañou espazo para o galego

Os XXVIII Encontros para a Normalización Lingüística analizarán este ano o papel da música na creación de espazos de uso, identificación e difusión do galego. A xornada celebrarase o 20 de outubro na sede do Consello da Cultura Galega (CCG), en Santiago de Compostela, baixo o lema Música, orgullo e identidade. O encontro, organizado polo…