Galicia celebrará un ano máis o Día de Rosalía, unha efeméride tradicional que este ano, como novidade, adiantarase ao 23 de febreiro e que contará con iniciativas tradicionais, como lecturas, ofrendas florais e teatro, xunto con propostas máis novas, como observacións astronómicas, vídeos en Instagram ou TikTok e ata un catálogo de plantas.
O cambio na…
A Fundación Rosalía de Castro quere conmemorar o 23 de febreiro, Día de Rosalía (recén cambiado pola descuberta do día do seu nacemento), chamando á lectura dos seus textos e á participación no Caldo de Gloria e na Alborada para Rosalía.
CALDO DA GLORIA
Ao Caldo de Gloria xa se sumaron máis de 130 locais…
O uso do galego na Universidade de Santiago de Compostela restrínxese ao 25% das clases impartidas. Por iso, iniciativas como ‘II Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible’ e ‘VÍDEO-ENXEÑOS. I Concurso de vídeos sobre enxeñaría informática e química’ procuran normalizar a lingua galega nos ambientes científicos.
As comisións de Normalización Lingüística da Facultade…
Unha das chaves para a normalización da lingua é o seu uso nos ambientes académicos, especialmente, na universidade. No caso da Universidade de Santiago de Compostela (USC), tan só un 24,35% da docencia é impartida en lingua galega, segundo apunta o documento elaborado polo Servizo de Normalización Lingüística titulado ‘Usos lingüísticos docentes no curso 2021-2022’.
O…
A xornalista italiana afincada en Galicia Alice Piccardi contou na sétima edición do proxecto LGx15 a súa experiencia co idioma ao chegar e vivir en Galicia e, por suposto, falando galego. O seu primeiro contacto co galego foi a través da web da Universidade de Santiago de Compostela (USC) na procura dun destino de Erasmus.…
Esta primeira semana de febreiro estivo marcada pola presentación de dous proxectos que promoven o uso do galego na rede. Ambos utilizan o vídeo para divulgar diferentes elementos da lingua galega. O primeiro, as "Brincadeiras da lingua", unha serie de vídeos difundidos polo Portal da Lingua Galega sobre os ditos e os recitados infantís tradicionais.…
A normalización lingüísta ten que pasar si ou si polo sector audiovisual, un sector chave para a difusión da lingua. Por isto, dende o Grupo de Estudos Audiovisuais, a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización CREA, a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación (AGPTI), a Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG),…
Este domingo, 19 de decembro, fixéronse 40 anos da realización no Centro Don Bosco de Santiago de Compostela da primeira asemblea da Associaçom Galega da Língua (AGAL). Naquela data, sinala a entidade nun comunicado, 50 persoas botaban a andar un proxecto chamado a mudar o rumbo da lingua no que supuxo o comezo do movemento…