Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Publícanse os últimos escritos da música, poeta, esctiroa e dramaturga Luísa Villalta 17 anos despois

O Centro Ramón Piñeiro, que desde o pasado 2018 atesoura os materias aínda inéditos de Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004), exhuma agora o último libro no que traballaba a escritora antes do seu pasamento nunha edición preparada polo investigador e crítico literario Armando Requeixo. O volume, con formato de almanaque e presentado nun estoxo, recupera o…

Freixanes: “O galego é un patrimonio que produce riqueza e non un adorno”

O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, mostrou o seu apoio aos acordos adoptados na asemblea xeral da Rede Europea pola Igualdade das Linguas (ELEN), celebrada en Santiago de Compostela, e que reclamou a derrogación do 'decreto do plurilingüismo' e que se garanta o galego como idioma vehicular en todas as etapas educativas. Fíxoo, a preguntas dos xornalistas,…

O galego e o portugués na literatura de viaxes

O xoves pasado xoves celebrouse na cidade norteamericana de Milwaukee, tralo parón que a pandemia introduciu nas actividades académicas en Norteamérica, o Congreso Anual da Midwest Modern Language Association 2021. Como parte deste evento tivo lugar a sesión A viaxe nas tradicións literarias en linguas galega e portuguesa, presidida polo profesor da Universidade de Wisconsin-Milwaukee Gabriel…

Coñecendo máis as Cantigas de Amigo

A Coruña, 20 de outubro de 2021.- O Salón de Graos da Facultade de Filoloxía acollerá os días 21 e 22 de outubro o Coloquio Internacional Editar cantigas (de amigo) no século XXI. Organizado ao abeiro do Grupo de Investigación ILLA, foi concibido como un foro para debater problemas da edición e do estudo do cancioneiro galego-portugués,…