O Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela está na procura de xente galegofalante para participar nun estudo sobre a lingua galega. A través da súa conta de Twitter, o ILG indica que busca homes e mulleres de entre 18 e 30 anos galegofalantes. Os requisitos son estar estudando estudos universitarios, ou telos rematados no último ano, así como que o galego sexa a lingua materna.
A participación no estudo, realizado en colaboración coa Universidade de Salamanca, consiste na gravación de voz dunha conversa e da lectura dun texto. A través dun formulario electrónico, todas as persoas interesadas poderán enviar os seus datos para que o Instituto se poña en contacto con elas.
Procuran xente galegofalante para este estudo, principalmente mulleres de procedencia urbana (de vilas ou cidades) e homes de procedencia urbana e rural, que estean a cursar estudos universitarios ou que acabasen no último ano.
Formulario de participación:https://t.co/YpkFLTUADk https://t.co/W7XWUXguRn— Instituto da Lingua Galega (@ILG_USC) April 4, 2022