Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

O Concello de Ames e a RAG recollen o premio Mil Primaveras que recoñece o proxecto de investigación e acción Modo galego, actívao!

Modo galego, actívao!, o proxecto de investigación e acción para a promoción do galego na infancia desenvolto colaborativamente entre o Concello de Ames, a Real Academia Galega e os once centros educativos públicos amesáns, foi unha das experiencias premiadas na sexta edición dos Premios Mil Primaveras que se entregaron hoxe no Pazo da Cultura de…

María Otero Canabal: “Hai algunhas xuízas e algúns xuíces que só empregan o galego nas súas sentenzas”

María Otero Canabal (Forcarei, 2000), graduada en Dereito e Relacións laborais pola USC, vén de recibir o Premio Franco Grande de investigación xurídica en lingua galega pola UVigo polo seu traballo sobre as relacións laborais do servizo do fogar familiar. No mesmo fai unha análise xurídica deste sector desde a perspectiva da prevención de riscos. Sobre…

(DATOS) A mocidade dálle voz ao galego nas redes, pero aínda prevalece o castelán

O uso da lingua galega en internet está a experimentar unha transformación silenciosa mais significativa, marcada por avances puntuais e contradicións estruturais. A análise dos últimos datos dispoñibles permite trazar un mapa das prácticas lingüísticas da cidadanía galega no mundo dixital, que reflicte tanto a capacidade de adaptación da lingua ás novas tecnoloxías como os…

A importancia da memoria oral: cando Galicia e o galego perviven grazas a sabedoría e lendas populares

O Equipo Chaira -grupo de investigación etnográfica formado por Mercedes Salvador, Ofelia Carnero, Xoán R. Cuba e Antonio Reigosa- e a veciña da parroquia de Folgoso (Cerdedo, Ourense) María Fraíz Canaval (María da Vrea) veñen de ser elixidos como Mestre e Mestra da Memoria 2025 da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega). Estes premios recoñecen a traxectoria e…

Cando o máis importante é levar o “Galego por diante”

Na manifestación polas Letras Galegas desenvolta o sábado 17 de maio en Compostela había moitas mensaxes. Pero unha seguramente se convertirá na camiseta do verán: “Galego por diante”. Promovida pola Asociación ”Do galego ao portugués”, esta camiseta, aberta a todas as asociacións do país, busca facer reflexionar aos nosos políticos de que a nosa lingua tense que…