Un taboleiro que segue o curso do río Miño, preguntas sobre patrimonio, historia ou diversidade, códigos QR, gravacións de audio, deseño dixital, materiais reciclados e mesmo recreacións mediante Intelixencia Artificial de figuras como Rosalía de Castro ou Castelao. Todo forma parte de 'Miño en xogo', unha experiencia educativa desenvolvida no IES Maximino Romero de Lema,…
O Observatorio do Teatro Galego concedeu ao actor Luís Iglesia o Premio Xosé Manuel Olveira “Pico”, un galardón destinado a recoñecer a calidade do modelo oral galego nos intérpretes da escena. A distinción pon o foco no labor escénico do actor lucense, na súa relación coa oralidade galega e na súa traxectoria de defensa constante…
A desaparición dunha pedra, dun camiño, dunha fonte, dunha fraga ou mesmo dunha aldea non implica unicamente unha transformación física da paisaxe. En moitos casos supón tamén a perda do nome co que ese espazo foi identificado durante xeracións. Esta relación entre a modificación do territorio e a desaparición da toponimia será o eixo central…
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presidiu este martes a entrega dos premios Nós Tamén Creamos 2025-2026, un certame centrado na creación de curtametraxes de animación en lingua galega por parte do alumnado de diferentes centros educativos.
Durante o acto, López Campos felicitou os escolares galardoados, aos que definiu como "os…
O Instituto de Becerreá pechou o proxecto 'Tamén en Galego', unha iniciativa impulsada polo propio centro educativo para promover o uso da lingua galega nas administracións, establecementos e espazos de relación social do concello lucense. O acto de clausura celebrouse coa entrega do Premio á Lingua e á Cultura 2026 ao sector da hostalaría de…
A explanada da piscina cuberta municipal de Sarria acolle desde esta semana a exposición fotográfica A lingua do futuro. O futuro da lingua, unha mostra da fotógrafa e mestra Alba Díaz composta por unha vintena de retratos en branco e negro que convida a reflexionar sobre o presente e o futuro do idioma galego nun…
A Ribeira de Piquín converteuse este mércores nun espazo de encontro entre xeracións, memoria e patrimonio coa celebración dunha nova edición do RadioVisual do Patrimonio, un proxecto impulsado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas ondas! (PNO!) que combina radio en directo, creación audiovisual, música e participación comunitaria para poñer en valor o patrimonio cultural…
A Coruña converterase este mércores 6 de maio nun dos epicentros da defensa e promoción social da lingua galega coa celebración dunha nova parada do Correlingua, a iniciativa educativa e reivindicativa que percorre Galicia co propósito de fomentar o uso do galego entre a infancia e a mocidade a través dunha proposta que combina actividade…