Xa está dispoñible na rede a serie documental da RTP “Portunhol” . Unha serie documental de sete episodios que mergulla nos segredos e peculiaridades das terras que comparten a fronteira máis antiga da Europa.
Nesta produción exploran a raia luso-espanhola, destacando a diversidade cultural e as historias que se desenvolven ao longo desta fronteira histórica. Desde as diferenzas cotiás, como o que se gaña e o que se gasta, ata o rico tapiz cultural que forman o trazo invisible que separa Portugal e España.
A raia de caramelo, a raia de gasolina máis barata, a raia de guerras e tratados de paz, a raia do contrabando (estraperlo), a raia de festa, a raia de Ponte nas Ondas. O programa percorre de norte a sur o territorio fronteirizo.
Cada episodio achega á audiencia historias que disolven fronteiras, destacando a riqueza cultural que medra na fronteira máis antiga da Europa. Apresentado en portunhol, a lingua que une ambas culturas dunha maneira única e envolvente, o programa é unha auténtica celebración da diversidade.
Podes visualizar os seis episodios na seguinte ligazón