A Facultade de Letras da Universidade do País Vasco acollerá o vindeiro 17 de abril ás 11:00 horas, na aula 1.06, a conferencia titulada 'A transmisión interxeracional do galego. Micropolíticas lingüísticas familiares de mantemento e convivencia', impartida polo sociolingüísta e investigador bengalí Anik Nandi.
A intervención centrarase na análise das prácticas lingüísticas no ámbito familiar,…