Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Haruna, música, gaita e paixón galega no medio do Xapón

‘Se chove, que chova’. Con esta expresión tan galega recibe esta xaponesa de corazón galego. Unha estadía de tan só 10 meses en Galicia foi suficiente para que Haruna, unha xaponesa de 29 anos, quedase namorada da nosa terra, das nosas paisaxes, da nosa gastronomía, da nosa xente e… da nosa música! Ata o punto de que non o dubidou cando tivo a oportunidade de coller unha gaita e poñerse a tocar.

Haruna chegou aquí para aprender o idioma castelán e, ao final, levouse como grandes agasallos que leva no corazón como auténticos tesouros varios refráns galegos e varias pezas de música tradicional da nosa terra. Así se pode ver nos seus vídeos en Tik Tok (@vera56656). Agora, tras levar pouco máis de catro meses de volta en Xapón, xa está pensando en retornar a Galicia, concretamente a Camariñas, para pasar outra estadía. “Se todo vai ben, gustaríame volver o vindeiro ano”, confesa. Toda a información no Galicia Confidencial.

Deixe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.