Este martes, 10 de decembro, foron entregados os premios das cuartas edicións dos certames ‘Novos Poliedros’ e ‘Astronomía’, convocado con motivo do Mes da Ciencia en galego pola Institución Galega da Ciencia. Os recoñecementos foron artellados co obxectivo de promover entre a xuventude a innovación científica en lingua galega. Desta volta, foi recoñecido o alumnado de centros de A Coruña, Meaño, Laxe, Beade, Castroverde e Miño.
No acto, Valentín García, secretario xeral da Lingua, foi o encargado de dar ao estudantado dos centros Menéndez Pidal; os colexios de Castroverde, Cabo da Area de Laxe Castro Baixoi de Miño e os institutos de Meaño e Beade. Os grupos de alumnos elaboraron pezas audiovisuais ao redor de diferentes ramificacións científicas, presentando obras como O Planeta 9, O camiño do sol a través do ceo ou Cuatrisquel da Santa Compaña. Os vídeos están publicados no sitio web Igaciencia.
O concurso homenaxea a Evarist Galois, creador do concepto do grupo e da simétrica científica, a través do que personifican a ponte para levar ciencia e, en especial, a xeometría e a simetría de elementos á xuventude galega.