A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou o reparto de máis de 15.000 euros para que seis entidades sociais de catro concellos da comarca de Pontevedra poidan realizar actividades de dinamización da lingua galega. En total, cada un dos concellos recibirá achegas que oscilan entre os 1.300 e os 3.500 euros para actividades como festivais, premios ou obradoiros para escolares. Entre outros, no concello de Barro, a Asociación Cultural Colectivo Espazo 16 recibirá 3.450 euros para o proxecto Nomea! Topónimos esquecidos; e en Marín a Asociación Comerciantes da Praza de Abastos de Marín contará con 2.776 euros.