Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Campaña para que Google Maps ou Apple Maps non deturpen a toponimia galega

A Mesa pola Normalización Lingüística anunciou o lanzamento da campaña 'Polo seu nome', coa que busca mobilizar a poboación pola restauración da toponimia en navegadores e aplicacións de mapas dixitais. A campaña reclama das compañías de mapas dixitais e navegación a restitución da toponimia nas súas aplicacións, sinalizando os lugares unicamente coas formas galegas, lexítimas e oficiais e…

Cando o galego se fai música e historia ao mesmo tempo

Combinar a narración oral, a literatura infantil contemporánea e a música. Ese é o obxectivo de  'Son de contos'. A partir de tres relatos, obra de escritoras e escritores galegos contemporáneos, outros tantos compositores do ámbito da musica culta elaboran cadansúa partitura nun exercicio de sensibilidades, confluencia e compenetración. A escritora viguesa Ledicia Costas encargarase…

Árbores e gallas para lembrar 100 anos de literatura infantil en galego

A Biblioteca de Galicia acolle a exposición 'Unha árbore de historias. Cen anos de literatura infantil e xuvenil', que realiza un percorrido desde os libros pioneiros da produción literaria en galego nese ámbito ata as producións máis actuais. Así, na exposición aparecen os primeiros textos que escribiron Vicente Risco e Filgueira Valverde e tómase como referencia…

Cando Florencio Delgado Gurriarán traduciu ao galego poemas deWalt Whitman ou Paul Valéry

Oh Captain! My Captain!”, un dos poemas máis célebres de Walt Whitman, foi escrito en 1865 en homenaxe ao presidente dos Estados Unidos Abraham Lincoln tras o seu asasinato. Case un século despois, en 1951, foi vertido por primeira vez ao galego, desde o exilio en México, por Florencio Delgado Gurriarán (1903 - 1987). “Adaptouno con certo…