Autoestima, candorca, comadre, ecocidio, inflación e resiliencia son as voces que optan a se converter na Palabra do Ano 2022. A fase de recolla de suxestións da iniciativa promovida pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié concluíu coa escolla destes seis vocábulos, que dun xeito ou doutro conectan con temas de actualidade e preocupación social dos últimos doce meses. Dende este martes,…
A xornalista Esther Estévez, presentadora do espazo da TVG 'Dígocho eu', é unha das sete protagonistas da serie 'Superheroínas', producida pola Real Academia Galega e a Universidade de Santiago de Compostela no marco da segunda edición do proxecto 'Novas voces para a lingua'. A serie foi dirixida por José Manuel Diego Ferreira, alumno de Xornalismo,…
Este é o tráiler conceptual para pitchear "Imaxinado (e namorado!)", un proxecto de longametraxe de Bruno Vega, Guillermo Merino e Iago Ramilo. Narra a historia de Braulio, un amigo imaxinario que vive no Sector B-139 de Imaxinaria Central S.L., a gran e única central de amigos imaxinarios de España. Mentres que todos os seus compañeiros…
Este 1 decembro chegou a librarías de todo o estado O lume, a nova novela gráfica de David Rubín. O ourensán corre co guión e co debuxo desta obra, que ve a luz de xeito simultáneo en castelán, da man de Astiberri, e en galego publicada por Demo Editorial. Esta é a primeira vez que…
Libros, discos, cadernos e elementos decorativos, xogos, instrumentos musicais, roupa, complementos, prantas, enerxía, servizos profesionais, experiencias, alimentos... A Mesa pola Normalización da Lingüística distribuirá de xeito gratuíto esta fin de semana no Culturgal, en Pontevedra, un extenso catálogo con centos de propostas de compras e agasallos de Nadal. "Consideramos importante recoñecer as empresas que empregan con normalidade o…
Un estudo da Real Academia Galega (RAG) constatou que as dinámicas de desgaleguización nas novas xeracións inícianse "moi cedo", nos primeiro anos de escolarización, e que "afecta o proceso de adquisición da fala. A RAG continúa coa análise dos elementos que inflúen no abandono do galego das novas xeracións e amplíao sobre as actividades extraescolares, de…
Cal é a Palabra do Ano 2022? A Real Academia Galega e a Fundación Barrié abren un ano máis á participación cidadá a escolla da voz dos últimos doce meses a través do Portal das Palabras, o proxecto que impulsan para a difusión do léxico galego. A fase de recolla de suxestións permanecerá aberta ata…
A Xunta porá en marcha o próximo ano o Observatorio da lusofonía Valentín Paz Andrade, tras o cumprimento de todos os trámites necesarios e as correspondentes audiencias e informacións públicas.
Segundo indicou o Executivo galego nun comunicado, o obxectivo do observatorio é servir como instrumento de consenso para adoptar medidas relacionadas coa lusofonía en Galicia e como foro permanente de…