Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

O 2023, ano do Observatorio da lusofonía Valentín Paz Andrade

Xunta porá en marcha o próximo ano o Observatorio da lusofonía Valentín Paz Andrade, tras o cumprimento de todos os trámites necesarios e as correspondentes audiencias e informacións públicas.

Segundo indicou o Executivo galego nun comunicado, o obxectivo do observatorio é servir como instrumento de consenso para adoptar medidas relacionadas coa lusofonía en Galicia e como foro permanente de diálogo entre as distintas administracións públicas e outras organizacións representativas con interese neste ámbito. Esta entidade dependerá da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e terá á vicepresidencia a cargo da consellería competente en Política Lingüística.

A parte da administración galega, na composición da entidade estarán a Administración Xeral do Estado; a Administración portuguesa e os observadores consultivos en Galicia da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CLP), co Consello da Cultura Galega, a Academía Galega da Lingua Portuguesa e a Associação de Docentes de Português na Galiza.

Ademais, tamén formarán parte da entidade a AECT da Eurorrexión; a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp); o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional; a Fundación Dentro de Estudos Eurorrexionais de Galicia-Norte de Portugal, así como outros organismos. Desde xullo de 2021 España pasou a integrarse como Observador Asociado na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa, polo que Galicia traballou para desenvolver “todo o potencial” da asociación e remarcar a “especial relación” da comunidade galega co mundo lusófono.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.