A Festa da Língua das Escolas de Ensino Galego Semente reuniu este sábado arredor de 600 persoas na Sala Brage do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, nun acto que combinou actividades culturais, intervencións públicas e reivindicación lingüística, servindo ademais para presentar oficialmente a nova Federación de Escolas de Ensino Galego Semente.
A xornada…
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) puxo fin aos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas cunha mensaxe centrada na promoción do uso do galego entre as novas xeracións e na necesidade de reforzar a súa presenza en todos os espazos da vida cotiá. A xornada serviu tamén para render homenaxe á escritora Begoña…
A plataforma 'Aquí tamén se fala', nacida no IES Rafael Dieste da Coruña e impulsora da campaña #oDéporéDaCoruña, expresou esta sexta feira o seu desacordo coa postura mantida polo RC Deportivo durante o proceso desenvolvido arredor da reivindicación para adaptar a denominación do club á toponimia oficial da cidade.
A reacción produciuse o mesmo día…
A Real Academia Galega (RAG) continúa desenvolvendo a programación arredor da figura de Begoña Caamaño, autora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2026, cunha nova entrega da serie audiovisual 'O Seminario de Onomástica responde', centrada nesta ocasión nos lugares que marcaron a súa biografía e o seu universo literario. A través…
O Concello de Pontevedra volverá situar a lingua galega no centro da actividade cultural coa nova edición de 'Maio, Mes da Lingua', unha iniciativa que este ano amplía o seu alcance temporal e desenvolverá actividades tamén durante o mes de xuño. A programación incluirá máis de vinte propostas culturais, educativas e de lecer repartidas por…
A Xunta de Galicia prevé presentar o vindeiro mes de xuño o documento que recolle a actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega, unha das ferramentas sobre as que se sustenta o Pacto pola Lingua promovido polo Goberno autonómico. O anuncio realizouno este mércores no Parlamento o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude,…
A explanada da piscina cuberta municipal de Sarria acolle desde esta semana a exposición fotográfica A lingua do futuro. O futuro da lingua, unha mostra da fotógrafa e mestra Alba Díaz composta por unha vintena de retratos en branco e negro que convida a reflexionar sobre o presente e o futuro do idioma galego nun…
O que comezou como unha iniciativa dentro das aulas do IES Rafael Dieste acabou converténdose nunha das campañas sociais e lingüísticas con máis repercusión dos últimos meses na Coruña. O alumnado participante en ‘Aquí tamén se fala’, moitos deles chegados a Galicia dende outros países e culturas, foi quen de situar no centro do debate…