Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Nova liña de subvencións para entidades que promovan o galego na provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de abrir o prazo para solicitar as axudas dirixidas a entidades sen fins de lucro da provincia para o financiamento de actividades de dinamización da lingua galega. A convocatoria, publicada no Boletín Oficial da Provincia, conta cun orzamento de 150.000 euros e diríxese a programas que se desenvolvan durante todo…

Luz verde ao catalán nas Escolas Europeas: o galego e o eúscaro, aínda á espera

A Xunta de Gobernadores das Escolas Europeas, reunida en Chipre o pasado 8 de abril, deu luz verde á proposta do Goberno español para incorporar o ensino do catalán como Outra Lingua Nacional (OLN) nestes centros educativos europeos. A medida aplicarase exclusivamente ao alumnado de orixe española e será financiada integramente por España, que se…

Premios Mil Primaveras 2025: catro proxectos que sementan galego dende a infancia ata a vida diaria

O pasado 8 de abril reuniuse o xurado dos Premios Mil Primaveras, convocados pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), para escoller os proxectos galardoados na súa sexta edición. Logo de analizar 36 propostas, decidiu premiar as iniciativas 'Galego para peques', 'Vitamina G', 'Brazolinda' e 'Nodo galego, actívao!'. Estes premios, sen dotación económica,…