Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

O barrio de Sants, en Barcelona, ten o seu propio recuncho para aprender galego

No barrio de barcelonés de Sants o galego ten o seu propio espazo. Cada semana, un grupo de alumnas reúnense cun mesmo obxectivo: aprender galego. Entre castelán, alemán, francés, inglés, italiano, catalán, éuscaro e árabe, na Aula d’Idiomes tamén está presente o galego. A existencia de persoas que querían aprender galego en Barceola era evidente. O…

Piden usar o galego no Congreso dos Deputados

Unidas Podemos e os principais aliados parlamentarios do Goberno, incluíndo a Esquerra, o PNV, Bildu, BNG ou Más País, rexistraron no Congreso unha proposta de reforma do regulamento do Congreso para permitir intervencións en linguas cooficiais na sesión plenaria, coa correspondente tradución simultánea. Ademais, o texto expón que poidan formular escritos en ditas linguas, recoñecidas estatutariamente, e…

As diferentes linguas do Estado únense para reclamar igualdade na nova Lei do Audiovisual

O recoñecemento da pluralidade lingüística como principio básico da nova Lei do Audiovisual é o que demandan asociacións das diferentes linguas do Estado. A través dun comunicado conxunto emitido o pasado 20 de maio, pedían “actuacións nun dos ámbitos onde a situación de exclusión das nosas linguas é máis evidente”. Representantes de A Mesa pola Normalización…

Manifestacións, música, exposicións… celebran as Letras Galegas por toda Galicia

A figura de Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) e a reivindicación do galego son as protagonistas deste 17 de maio, Día das Letras Galegas. En todo o territorio galego diferentes actos celebrarán o día das Letras Galegas, e renderán homenaxe ao autor de Valdeorras. Dende música e exposicións ata manifestacións, lembrarán ao homenaxeado deste ano, así…