Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Chegamos de Senegal, Arxentina, Venezuela e Chile… e acabamos defendendo o nome galego do Dépor

O que comezou como unha iniciativa dentro das aulas do IES Rafael Dieste acabou converténdose nunha das campañas sociais e lingüísticas con máis repercusión dos últimos meses na Coruña. O alumnado participante en ‘Aquí tamén se fala’, moitos deles chegados a Galicia dende outros países e culturas, foi quen de situar no centro do debate…

Henrique Monteagudo reivindica o exemplo neofalante de Begoña Caamaño para asegurar o futuro do galego

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, fixo público este 17 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, un chamamento a reforzar de maneira urxente o compromiso social e político co idioma galego ante o que define como unha situación de “niveis críticos” no proceso de substitución lingüística. No artigo…

Lousame volve erguer a voz e reclama á RAG que lle dedique o Día das Letras Galegas 2027 ao cura de Fruíme

Fruíme converteuse este 17 de maio nun escenario de reivindicación colectiva arredor da figura de Diego Antonio Zernadas de Castro, o chamado cura de Fruíme, nunha multitudinaria xornada que reuniu centos de persoas coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. O berro de “Eu con Zernadas” resonou durante a tradicional ofrenda floral diante do…

A defensa do galego volve ás rúas: Compostela congrega unha multitudinaria marcha no Día das Letras

Compostela converteuse este 17 de maio nun amplo escenario de reivindicación social en defensa da lingua galega, cunha mobilización convocada pola plataforma ‘Lingua Vital Xa!’ que reuniu varios milleiros de persoas coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. A marcha, secundada por participantes chegados de distintos puntos de Galicia, percorreu durante varias horas algunhas…

Queremos Galego reivindica en Vigo o legado combativo de Begoña Caamaño e chama a encher Compostela o 17 de maio

Queremos Galego pechou este venres no barrio vigués do Calvario, lugar de nacemento e crianza de Begoña Caamaño, a campaña de difusión da mobilización nacional convocada para este 17 de maio en Santiago de Compostela, unha cita coa que a plataforma busca converter o Día das Letras Galegas nunha demostración pública de apoio social ao…

Aprender xogando en galego: a alianza entre Galego para peques e Pidopapas creando un caderno de actividades en galego

A falta de materiais infantís en galego, especialmente dirixidos ás primeiras etapas da infancia, está detrás da colaboración entre Galego para peques e Pidopapas, dous proxectos nacidos dende a iniciativa particular e a experiencia familiar que decidiron transformar unha necesidade detectada nas súas propias crianzas nunha proposta editorial centrada no lecer educativo en lingua galega.…

FEIRACO homenaxea a Begoña Caamaño no Día das Letras Galegas cun concurso literario centrado nas mulleres

FEIRACO volverá conmemorar o Día das Letras Galegas cunha nova edición do seu Certame de Microrrelatos, que neste 2026 alcanza a súa décimo cuarta convocatoria poñendo o foco na figura de Begoña Caamaño e no universo literario e ideolóxico que marcou a súa traxectoria. Baixo o lema 'Vai de mulleres', a cooperativa galega propón nesta…