A cercanía entre Galicia e Portugal fai que sexa habitual cruzar a un e outro lado da raia. O galego está convencido de que para falar cun portugués debe esforzarse por falar na súa lingua, ou incluso que lle será máis sinxelo se lle fala en castelán. Ao mesmo tempo, moitos portugueses que visitaban Galicia…
"A mi no me gustaría que mi pareja hablara en gallego". Con esta frase, un mozo de A Coruña deixa clara a súa preferencia persoal no novo programa da TVG ‘O amor está en Galicia’. Este é un formato de citas a cegas onde os participantes son emparellados con descoñecidos á espera de atopar o…
A toponimia constitúe unha das principais expresións do patrimonio lingüístico e cultural dun territorio. Cada nome de lugar conserva información sobre a historia, a paisaxe, a lingua ou as comunidades que o habitaron ao longo dos séculos. Co obxectivo de facilitar o acceso a ese enorme patrimonio, a Asociación Galega da Língua (AGAL) presentou unha…
A Coruña celebrará o 28 de agosto de 2026 unha nova edición da Festa do Apego, unha xornada gratuíta destinada a familias con crianzas de ata seis anos que busca crear espazos de lecer, relación e socialización en galego desde os primeiros anos de vida.
A actividade forma parte do Programa Apego, unha iniciativa de normalización…
A desaparición dunha pedra, dun camiño, dunha fonte, dunha fraga ou mesmo dunha aldea non implica unicamente unha transformación física da paisaxe. En moitos casos supón tamén a perda do nome co que ese espazo foi identificado durante xeracións. Esta relación entre a modificación do territorio e a desaparición da toponimia será o eixo central…
O actor e humorista Alberte Montes levará este verán o espectáculo Galego pode selo calquera a O Carballiño, Boiro, Ribadeo e Toén dentro de FalaRedes 2026, o programa de dinamización lingüística promovido pola Secretaría Xeral da Lingua en colaboración cos concellos participantes.
A proposta consiste nun monólogo cómico que emprega os tópicos, os prexuízos e…
O Concello de Vigo convocou a provisión definitiva da xefatura do Servizo de Normalización Lingüística, segundo a convocatoria publicada no BOP de Pontevedra do 3 de xullo de 2026 e recollida pola CTNL. O procedemento desenvolverase mediante concurso específico.
O posto figura na relación de postos de traballo municipal como xefe ou xefa de normalización…
Ve a luz unha novela inédita de Ramón Otero Pedrayo escrita no “exilio interior” tras a Guerra Civil
O Consello da Cultura Galega (CCG) puxo á disposición da cidadanía a edición dixital de Contra el filo del río, unha novela inédita de Ramón Otero Pedrayo escrita en 1945. A publicación supón un novo paso na recuperación e difusión do patrimonio literario galego ao dar a coñecer unha obra descoñecida dun dos autores fundamentais…