As escolas oficiais de idiomas de Galicia acollerán durante o curso 2026/27 novos cursos gratuítos de linguaxe administrativa galega e de preparación para a obtención dos certificados Celga. A convocatoria foi publicada a través dunha resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional, con cursos que se desenvolverán en dous cuadrimestres.
A oferta inclúe cursos de…
A Xunta de Galicia e a Fundación Repsol manteñen aberta a convocatoria da XX edición do Premio Narrativa Breve, un certame destinado a promover a creación literaria en galego. Nesta edición, coincidindo co seu vixésimo aniversario, o premio incrementa a súa dotación económica e pasa a estar dotado con 15.000 euros.
O prazo para presentar…
PuntoGal e a asociación Axuntar veñen de asinar un convenio de colaboración co obxectivo de fortalecer as iniciativas de promoción, normalización e difusión do galego de Asturias, a variedade galega falada na comarca do Eo-Navia. O acordo contempla varias liñas de traballo, entre elas o patrocinio dos Premios Folgueira 2026, a colaboración na reedición das…
A Real Academia Galega decidiu concederlle o II Premio ‘Na lingua que eu falo’ ao proxecto ‘Aquí tamén se fala’, impulsado desde o IES Rafael Dieste da Coruña. A institución recoñece así unha iniciativa nacida en 2023 nos corredores deste centro de ensino e que, en apenas tres anos, se converteu nun dos movementos de…
O debate arredor da letra do Himno galego continúa a xerar interese institucional e académico no Parlamento de Galicia, no marco dun proceso no que diferentes informes técnicos da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega avalan a posibilidade de restaurar a versión fidedigna do texto de Eduardo Pondal, corrixindo deturpacións históricas consolidadas…
O Dicionario galego-ruso continúa medrando como ferramenta de referencia para o achegamento entre a lingua galega e a lingua rusa. A obra, impulsada polo investigador Aleksandr Dziuba, conta xa cunha segunda edición corrixida e aumentada, publicada en xaneiro de 2025, que eleva o seu contido ata as 21.000 entradas, máis do dobre das incluídas na…
A Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de 11 novas bolsas de formación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, destinadas a proxectos vinculados coa lingua e a literatura galegas. A iniciativa conta cun investimento de preto de 300.000 euros e enmárcase nas liñas de apoio á investigación…
O Real Club Deportivo adecuará a súa denominación social ao topónimo oficial da cidade, A Coruña, despois de que as persoas abonadas apoiasen maioritariamente esta modificación nunha consulta vinculante promovida pola entidade. O resultado foi confirmado este martes na Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas, na que se aprobou a adaptación do nome do club ao…