Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Coñece o primeiro curso en liña masivo e aberto en lingua galega

O grupo de innovación docente en didáctica e divulgación científica da USC, CienciaNOSA, desenvolveu o primeiro MOOC -un curso en liña masivo e aberto (o nome é o acrónimo inglés de Massive Open Online Course)- en lingua galega, titulado "Química - unha ciencia experimental".  Esta iniciativa naceu cun enfoque experimental para as prácticas de laboratorio dos…

Dicionario da nova literatura galega… o libro que levou 50 anos rematar

O 'Dicionario da nova literatura galega (86 voces responden a un inquérito, 1969)' foi presentado este martes pola Xunta de Galicia. O traballo do ensaísta Xesús Alonso Montero ve a luz máis de 50 anos despois do seu inicio. O libro é o resultado dunha enquisa respondida por 86 autores galegos que non tivesen ningunha obra publicada antes de 1939. Desta forma,…

“Remix” dos clásicos das música galega: Siniestro, Ana Kiro, Juan Pardo ou Andrés Dobarro

Máis dunha ducia de artistas e bandas do panorama musical galego preparan cadansúa versión de temas clásicos da nosa música pop que serán recompiladas no proxecto discográfico 'Puro Deleite'. Deleite, a marca de leite creada por gandeiros impulsora de varias iniciativas de apoio á lingua e cultura galega, colabora na produción deste disco e pretende distribuílo…