Arrasa nas librarías o “Cantareiras” [Xerais]. Cada vez que sae unha nova edición, esgotase voando, tendo estado por diante de Manuel Rivas nas vendas de Amazon. E para celebrar as Letras Galegas, que mellor que facelo cunha das súas autoras.
O libro realizado por Xosé Manuel Varela Varela e a súa filla Icía Varela chega no momento perfecto, coincidindo coa dedicatoria do Día das Letras Galegas ás cantareiras, pandereteiras e a tradición oral do país, sendo unhas das principais protagonistas as Pandereteiras de Mens, veciñas da familia Varela, en Cerqueda.
Icía e Xosé María levan ademais percorrendo o país con este percorrido polo legado da música e a poesía popular, recollendo tamén ta historia da muixá Eva Castiñeira e das cercedenses Adolfina e Rosa Casás. Só neste mes de maio teñen 22 presentacións, o que dá conta da relevancia que está collendo este libro, que ademais, xa ten en marcha unha segunda parte. A entrevista en QPC.