Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A JUPLP solicita maior protagonismo da mocidade na renovación do plan de normalización do galego

A Juventude Unida dos Países de Língua Portuguesa (JUPLP) dirixiuse ás comisións responsables da renovación do Plano Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG) para reclamar un papel máis destacado da mocidade no deseño das políticas de normalización do galego. A organización internacional, que promove a cooperación entre os territorios lusófonos, trasladou as súas propostas…

A filológa Tania Vázquez estuda o uso do galego nas inscricións funerarias de Chantada

A filóloga chantadesa Tania Vázquez García está a desenvolver unha investigación sobre o emprego do galego nas lápidas funerarias dos cemiterios de Chantada. O traballo forma parte do proxecto 'Palabra e Memoria', liderado polo xornalista David Canto Veiga, que ten como obxectivo recompilar datos de diferentes zonas galegofalantes, incluíndo Galicia, o occidente de Asturias, O…

Xabier Díaz presenta unha colección de vídeos sobre o patrimonio musical das ‘cantareiras’ galegas

O músico e investigador galego Xabier Díaz lanzou unha colección de 54 vídeos que documentan o patrimonio inmaterial transmitido polas 'cantareiras' galegas. Este traballo, realizado entre 1989 e 2011, coincide coa dedicatoria das Letras Galegas 2025 ás 'cantareiras' e ao patrimonio oral, e busca homenaxear a súa contribución á transmisión da cultura galega de xeración…

O audiovisual en galego amplía a súa presenza a novas plataformas. Onde podo ver contidos en galego?

O consumo de audiovisual en galego continúa medrando grazas á aparición de plataformas e proxectos que ofrecen series e películas na nosa lingua. Estas iniciativas buscan reforzar a visibilidade do galego no panorama audiovisual e fomentar a súa demanda. A continuación, recóllense algunhas das opcións máis destacadas para acceder a contidos en galego. Plataformas de referencia …

O Departamento de Filoloxía Galega da UVigo publica un novo número da revista Cumieira

O Departamento de Filoloxía Galega e Latina presentou o noveno número da revista Cumieira, unha publicación centrada na divulgación de estudos científicos realizados por investigadoras e investigadores emerxentes no ámbito da lingua e literatura galegas. Esta nova edición inclúe catro artigos de investigación e unha recensión literaria, abordando temas diversos que van desde o impacto…

A Xunta publica axudas para proxectos de dinamización da lingua galega no ensino preuniversitario

A Xunta de Galicia abriu o prazo para solicitar as axudas destinadas a promover a lingua galega no ámbito do ensino preuniversitario. Segundo se recolle no Diario Oficial de Galicia, estas subvencións contan cunha dotación total de 500.000 euros, o que representa un incremento do 29 % respecto á convocatoria anterior. As axudas, xestionadas pola Consellería…