Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Deputación da Coruña financia obradoiros de galego e redes sociais en centros escolares

A Deputación da Coruña presentou este martes o programa ‘O galego e as redes sociais’ que desenvolve en colaboración con Orgullo Galego co obxectivo de fomentar o uso deste idioma e de mostrar os contidos que se están desenvolvendo entre os mozos.

A responsable da área de Língua do organismo provincial, Soidade Agra, e o creador deste medio dixital, Borja Iglesias, deron a coñecer os detalles deste proxecto. En concreto, realizarán 20 talleres en centros de ensino público de secundaria da Costa da Morte e Terras de Soneira, impartidos por Orgullo Galego, unha comunidade en redes que naceu en 2016 e que “na actualidade é a máis grande en lingua galega”.

Para Agra pódese facer “un gran traballo para potenciar o galego nas redes sociais” e animou a crear contido en galego, así como a “mostrar todo que se está facendo agora mesmo, que é moito e dunha gran calidade”. Pola súa banda, Iglesias, sinalou que nas charlas relatan “a situación actual da lingua nas redes sociais, a súa evolución desde os anos 90 e as canles que hai en galego que falan de temas moi diversos” como deporte, ciencia, cultura ou tecnoloxía”.

Mostran, ademais, que “a lingua galega non é un obstáculo para crear contido, xa que nos permite chegar a miles de persoas de todas as partes do mundo”.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.