O vindeiro 21 de abril, ás 12.00 horas, a Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela acollerá a presentación dunha serie de proxectos colaborativos centrados na lingua, que culminarán coa inauguración dunha exposición aberta ao público. Entre as iniciativas destaca “Falas grego, e non o sabes! Helenismos do galego”, un traballo coordinado pola…
A asociación Axuntar, Asociación para a Normalización do Galego de Asturias, fixo público o que cualifica como un “éxito xudicial” tras a notificación do auto do Tribunal Supremo, que acorda admitir a trámite o recurso de casación (núm. 5205/2025) presentado contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Asturias (TSXA). O procedemento está vinculado…
O concello de Quiroga vén de formalizar a súa incorporación ao proxecto Modo galego, actívao!, unha iniciativa da Real Academia Galega (RAG) orientada a analizar e promover o uso da lingua galega entre a infancia e a mocidade. O acordo foi rubricado polo presidente da institución, Henrique Monteagudo , o alcalde do municipio, José…
Axuntar, a Asociación para a Normalización do Galego de Asturias, recurriu o uso do termo “eonaviego” para referirse á lingua falada no occidente asturiano, empregado no Decreto 25/2024 polo Tribunal Superior de Xustiza de Asturias.
Esta denominación, tradicionalmente relacionada coa lingua da comarca asturiana entre o río Eo e o Navia, é, segundo Axuntar, contraria á…
A campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra vén de presentar a súa novena edición cunha ampliación do seu alcance territorial e da participación cidadá na recollida e preservación da toponimia galega. O secretario xeral da Lingua, Valentín García , destacou durante o acto a relevancia desta iniciativa como ferramenta para a protección…
A sétima edición dos Premios Mil Primaveras xa ten proxectos gañadores. O xurado, reunido na tarde do pasado 14 de abril, decidiu recoñecer catro iniciativas centradas na promoción da lingua galega e no incremento do seu uso en diferentes ámbitos, con especial incidencia na mocidade e nos contextos educativos e de lecer.
Os proxectos premiados…
A Universidade de Vigo organiza o vindeiro martes 21 de abril a xornada 'A IA xerativa tamén en galego. Dereitos lingüísticos e boas prácticas para a docencia tecnolóxica', un encontro que terá lugar no edificio Redeiras, na praza do Berbés, coa finalidade de analizar o papel da intelixencia artificial no ámbito académico empregando o galego…
A regueifa en Galicia atravesa un momento de rexurdimento, mais a súa continuidade segue a depender da capacidade de transmitir este coñecemento máis alá dos espazos tradicionais. Neste contexto, o músico e regueifeiro Xanhe, coñecido como o Rabelo, vén de impulsar unha escola online de regueifa co obxectivo de ampliar o acceso á aprendizaxe e…