Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A Xunta levará cursos de lingua e cultura galegas a máis de 100 concellos desde xullo

Máis de 100 concellos galegos impartirán a partir do mes de xullo cursos de introdución á lingua e cultura galegas dirixidos á poboación non nada en Galicia. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a súa integración, convivencia e inclusión sociocultural efectiva, segundo destacou o secretario xeral da Lingua, Valentín García, durante a xornada de formación…

Máis de 350 conceptos ambientais xa teñen equivalencia técnica en galego nunha norma ISO

Aenor vén de publicar a versión oficial en galego da norma UNE-EN ISO 14050:2023, dedicada ao vocabulario da xestión ambiental, un documento de referencia para a terminoloxía empregada no conxunto da serie de normas ISO 14000. A tradución foi realizada polo Servizo de Normalización Lingüística da USC, que suma xa nove normas traducidas ao galego…

Chega o manga en galego da man dunha nova editorial especializada

A pesar dos milleiros de quilómetros que separan Galicia do Xapón, existe unha conexión cultural que leva décadas construíndose. Coa primeira canle en galego, a dobraxe de contidos estranxeiros converteuse nunha ferramenta fundamental para a difusión da lingua, especialmente entre o público máis novo. Boa parte destes contidos eran animes, series de animación xaponesa que chegaron…

Carlos Callón, a CTNL, A Gramola Gominola e Vitamina G reciben os XVII Premios Rosalía de Castro de Lingua

A Deputación da Coruña deu a coñecer os gañadores da décimo sétima edición dos Premios Rosalía de Castro de Lingua, uns galardóns convocados pola Área de Lingua da institución provincial para recoñecer o labor de persoas, entidades e proxectos que contribúen á promoción e normalización do idioma galego. Nesta edición, os premios recaeron en Carlos…