A serie galega ‘Pensión incompleta’ foi recoñecida co Premio á Diversidade Lingüística do Estado Español, un galardón que distingue iniciativas a prol da promoción e defensa das linguas oficiais. A decisión foi adoptada na comisión de seguimento do protocolo de colaboración en materia de política lingüística, celebrada este ano en Bilbao e na que participan…
O Carballo Interplay vén de facer públicos os doce proxectos finalistas dos seus premios dedicados á creación de contido dixital en galego, unha das liñas coas que o festival busca impulsar novas voces e formatos na rede. A cita, que celebra a súa XIII edición entre o 16 e o 19 de abril no Mercado…
A iniciativa “Proxector: audiovisuais en galego para a docencia”, impulsada polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), publica a súa entrega correspondente ao mes de abril cunha proposta centrada nas artes plásticas e visuais. Baixo o título “A arte ten a súa ciencia. Ollada ás…
O Deportivo da Coruña podería oficializar nas próximas semanas a galeguización do seu nome, segundo se desprende dun contido publicado nas redes sociais da Radio Galega . A información foi difundida a través dun reel de Instagram no marco do programa A penaltis .
No vídeo, presentado como unha “exclusiva”, afírmase que o…
A cidade de Santiago de Compostela acollerá este venres, 17 de abril, a celebración da primeira ‘Festinha da Regueifa’, unha iniciativa que pon no centro a transmisión e a práctica da improvisación oral en galego entre a infancia. O encontro terá lugar ás 18.00 horas na Libraría Aenea, nunha cita que nace co obxectivo de…
A Facultade de Letras da Universidade do País Vasco acollerá o vindeiro 17 de abril ás 11:00 horas, na aula 1.06, a conferencia titulada 'A transmisión interxeracional do galego. Micropolíticas lingüísticas familiares de mantemento e convivencia', impartida polo sociolingüísta e investigador bengalí Anik Nandi.
A intervención centrarase na análise das prácticas lingüísticas no ámbito familiar,…
A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia unha nova convocatoria de subvencións dirixida a impulsar e consolidar os servizos lingüísticos nas entidades locais, cun orzamento total de 350.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 7 de maio.
Segundo recollen as bases, o obxectivo desta medida…
O Colexio M. Peleteiro acolleu este xoves a entrega da 54ª edición dos Premios Literarios Minerva, nun acto celebrado no salón de actos do centro que reuniu autoridades, membros da organización, alumnado, familiares e representantes dos centros educativos participantes.
A cerimonia estivo conducida pola estudante de 2º de Bacharelato Marta Arce, encargada de presentar o…